Finca Montesqueiro - Eventos empresao

Á medida da túa marca

Finca Montesqueiro é o lugar idóneo para a celebración de calquera evento de empresa, presentación de produto ou reunión. Poñemos á disposición dos nosos clientes 6.000 m2 de terreo coas mellores instalacións e un completo equipo de profesionais que garantirán o éxito do proxecto.

Pulsa para ampliar as imáxenes

Os nosos salóns están totalmente equipados con medios audiovisuais de última xeración, incluídos os xardíns e con dous parkings privados, un interior con acceso ao vestíbulo e outro exterior. A completa oferta gastronómica deseñada para os eventos empresariais inclúe menús para xantares, ceas, cócteles ou cafés de traballo.

Entre os nosos servizos incluímos o asesoramento para a montaxe dos salóns en función do tipo de evento, número de persoas participantes e finalidade. E cubrimos a difusión dos eventos a través das nosas propias canles de comunicación. Ademais, ofrecémoslle aos nosos clientes a posibilidade de personalizar todos os espazos coa súa marca ou imaxe corporativa.