Finca Montesqueiro - Eventos social

Á medida dos teus soños

Finca Montesqueiro, situado no exclusivo municipio de Oleiros, a tan só 6 km. do centro da Coruña e 1,5 km. da Igrexa de Lians, é un novo espazo para celebrar vodas á medida de cada parella, personalizadas ata o último detalle, bodas máxicas e cheas de momentos especiais e irrepetibles.

Pulsa para ampliar as imáxenes

A nosa Finca é idóneo para a celebración de calquera evento social, dende unha primeira comuñón, bautizo, ata calquera reunión familiar ou de calquera outro carácter. É así grazas á versatilidade de todos os nosos espazos e á variada oferta gastronómica que podemos ofrecer aos nosos clientes.

Nas bodas, ofrecemos a posibilidade de celebrar a túa voda ao aire libre , o noso xardín está preparado para acoller tanto unha voda civil, cóctel-aperitivos, como un xantar ou cea que os teus convidados vivirán nun ámbito único, rodeados dunha gran variedade de especies, entre as que podemos destacar os camelios, os pradairos e un magnífico magnolio. Ademais, poderedes ver e escoitar como flúe a auga da nosa espectacular fervenza.

Como broche de ouro para os noivos, regalámosvos un día de estanza na nosa magnífica Suite de 80 m2 da que os noivos poderedes facer uso tanto a noite de vodas, como durante os preparativos do gran día, xa que vos ofrecemos todo tipo de servizos para facilitar e asegurar a vosa comodidade un día tan importante.

En Finca Montesqueiro non só vivirás o gran día da túa voda como soñaches, se non que faremos que desde o primeiro momento empeces a gozar da organización da mesma. Axudándoche a controlar cada detalle e asesorándoche no que necesites para que todo salga tal e como tiñas pensado.

Ademais, poñeremos á túa disposición ás nosas empresas colaboradoras, facilitándoche, só para ti, por ser parte de Finca Montesqueiro, acordos e condicións especiais.

A túa ilusión é a nosa.