Finca Montesqueiro - A Finca

O teu espazo

Finca Montesqueiro foi deseñada e construída co único obxectivo de dar cabida a calquera evento de tipo social ou profesional, facendo que os seus clientes se sintan como na súa propia casa. Este obxectivo marcou tanto a arquitectura, como por suposto, a distribución e deseño dos distintos espazos. É por iso que nos 6.000 m2 de terreo, contamos con instalacións de cociña de última xeración, dous salóns con capacidade de 400 e 250 comensais, varias terrazas, unha delas acritalada e climatizada, terraza ao aire libre, un amplo xardín, aparcadoiro exterior e interior con acceso ao vestíbulo do edificio, zona de baile, La Suite, así como cun espazo infantil.

 

Salón Dourado

Salón Dourado

Con vistas ao xardín, o Salón Dourado mestura a luz natural que achega a espléndida terraza que o rodea, coa iluminación artificial do seu escultórico teito de varas.
• Capacidade para 400 comensais.
• Iluminación personalizada.
• Pantallas de televisión de 80 polgadas con sistema inarámico de proxección.
• Megafonía.
• Vistas á ría e ao Xardín dos Helechos.
image01-large

Salón Enredos

image01-large

Salón Enredos

Caracterizado pola súa versatilidade, o Salón Enredos pode transformarse dun salón comedor a unha zona baile na que vivir unha auténtica festa.
• Capacidade para 250 comensais.
• Na planta baixa do edificio.
• Acceso ao xardín e a terraza acritalada.
• Iluminación personalizada.
• Canóns de luz, led´s.
• Zona de sofás, barras temáticas, coctelería.
• Video Wall.
• Máquina de fume.
• Cabina habilitada para Dj.

A Suite

image01-large

A Suite

Un día tan especial como o dunha voda merece un broche de ouro, e para iso contamos cunha magnífica Suite de 80 m2.
• Exclusivo toucador coa súa zona de vestidor.
• Cama King Size.
• Terraza.
• Zona de auga con bañeira e vistas a ría.

Xardín dos Arces

image01-large

Xardín dos Arces

Unha espléndida vexetación, configurada en zonas axardinadas con diferentes alturas e recantos con encanto.
• Utilización da auga como elemento de decoración.
• Iluminación.
• Megafonía.
• Zona de sofás.
• Gran variedade de especies vexetais: pradairos, camelios...
• Lugar ideal para celebración de vodas civís e eventos de empresa.

O Recanto dos Trasnos

image01-large

O Recanto dos Trasnos

80 m2 destinados aos máis pequenos, para que gocen igual que os maiores.
• Zona de xogos e piscina de bólas.
• Home cinema.
• Espazo relax.
• Baño infantil.
i

Terraza dos Helechos

image01-large

Terraza dos Helechos

Construída entre a rocha e o edificio e na que predomina a vexetación, a terraza dos Helechos está pensada para gozala durante todo o ano.
• Cuberta acritalada.
• Climatizada.
• Recantos de sofás con encanto.

Instalacións de cociña

image01-large

Instalacións de cociña

2 cociñas, situadas en cada unha das plantas principais, dan servizo a todas as nosas zonas.
• Zona de cámaras dividida en: peixe, carne, verduras e bebidas.
• Cuarto frío.

Parking

image01-large

Parking

• Parking subterráneo con 35 prazas de coche e acceso ao vestíbulo.
• Parking exterior con 37 prazas.

...e moito máis

image01-large

...e moito máis

• Baños con toucador.
• Gardarroupa.
• WIFI en todo o terreo, incluído o xardín.
• Instalacións audiovisuais de última xeración.