Lucía Cidón, Directora de Finca Montesqueiro, auna a experiencia e coñecemento necesarios para facer do teu evento algo moi especial. O seu obxectivo non é simplemente organizar reunións ou eventos sociais, é xerar experiencias, achegar valor ás ideas do cliente, crear eventos únicos.
Eventos cheos de momentos especiais e irrepetibles, personalizados ata o último detalle, buscando a maior calidade no deseño e nos produtos utilizados. A perfección en cada detalle.
Finca Montesqueiro ofrece o servizo dun restaurante á disposición de cada evento. Contamos cun magnífico equipo de profesionais perfectamente cualificados e con grande experiencia no sector. Nas nosas cociñas conxúganse a gastronomía máis actual, coa tradición, que se completan cun exquisito servizo de sala onde continuamente interactuamos con oso cliente. O mellor aval para alimentar un proxecto de calidade.
Unha boa materia prima e unha coidada posta en escena, son os ingredientes clave de todos os pratos elaborados nas instalacións de cociña de Finca Montesqueiro.
Levo toda a miña traxectoria profesional formándome e traballando como Directora de Eventos, tanto sociais, coma profesionais. Este traballo apaixóname e é o que fai que goce de cada día, de cada evento e de todos os meus clientes.
Tras a miña formación en Dirección e Xestión de Empresas Hostaleiras no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, tiven a sorte de traballar durante máis de 14 anos nos mellores hoteis de Galicia. Destaco o meu paso como Responsable do Departamento de Congresos, Convencións, Incentivos e Banquetes do Hotel Balneario Isla de La Toja**** e do Hotel Balneario de Mondariz ****.
Os últimos 11 anos traballei como Directora de Convencións e Banquetes no Hotel Finisterre ***** A Coruña, sen dúbida unha grande experiencia nun luxo de instalacións.
Durante toda a miña carreira profesional levei a cabo todo tipo de eventos, grazas aos que se me brindou a oportunidade de traballar con diferentes persoas. De todo iso adquirín un coñecemento e unha bagaxe que enriqueceu enormemente o meu traballo e o meu labor como profesional.
Actualmente, como Directora de Finca Montesqueiro, teño a sorte de participar do deseño e a posta en marcha dun novo espazo, totalmente diferente, que me permitirá facer realidade calquera evento que me propoñades. Espérovos.
Un saúdo,
Lucía Cidón
Directora Finca Montesqueiro.